top of page

A fibra óptica chega a novas parroquias de Arzúa tras un ano de traballo

Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa continúa a avanzar na mellora da conectividade no rural. Un ano despois do inicio das actuacións para o despregamento da fibra óptica, o servizo de internet de alta velocidade está xa operativo en boa parte do municipio, facilitando o acceso á rede a moitas veciñas e veciños que antes carecían deste recurso fundamental.

As actuacións levadas a cabo permitiron ofrecer servizo en diversas parroquias como Dodro, O Campo, Couto, Calvos, Viladavil, Viños e Branzá, mellorando as condicións de vida e facilitando o acceso ao teletraballo, á educación, á comunicación e á conexión da industria gandeira, un dos motores económicos da comarca.

A pesar destes avances, aínda existen vivendas e zonas máis illadas nas que o servizo non está dispoñible. O Concello está a traballar para ampliar progresivamente a rede de fibra óptica e garantir que ninguén quede atrás.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

“Estamos moi satisfeitos cos avances que se conseguiron este último ano. A fibra óptica é hoxe un servizo básico, que permite traballar, estudar ou simplemente manter o contacto co mundo. O noso compromiso é claro: queremos que todas as parroquias conten cun acceso digno a internet”, declara Daniel Moscoso Sixto, concelleiro de Xuventude, Infancia e Novas Tecnoloxías.


Desde o Concello valórase positivamente a colaboración coas empresas instaladoras e coas administracións competentes para superar os desafíos técnicos e asegurar unha implantación eficaz.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A conectividade dixital do rural é unha prioridade estratéxica deste goberno, convencido de que a igualdade de dereitos e oportunidades tamén pasa por garantir o acceso a servizos tecnolóxicos de calidade en todo o municipio.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page