A Festa de Nadal xunta no Pino a máis de 200 persoas na Casa da Cultura
- Laura Moure

- hace 12 horas
- 1 Min. de lectura
Reviravolta de Lardeiros puxo a música e presentou á nova xeración de pandeireteiras
Laura Moure/O Pino
Máis de 200 persoas gozaron o pasado sábado na Festa de Nadal do Pino, na que a cativada preparou adornos de Nadal nos obradoiros que se celebraron na Casa da
Cultura, a onde se trasladou a festa polo mal tempo. Houbo chocolate con churros e
música coa Agrupación Folclórica Reviravolta de Lardeiros.

Dende primeira hora, a cativada estivo preparando os adornos de Nadal nos obradoiros
para decorar as súas casas, sacando fotos na zorra de Papá Noel e, algúns, deixaron as
cartas na caixa de correos que estaba na entrada do edificio. Despois de varias horas de intenso traballo, puideron repoñer forzas cun chocolate quente con churros, que se repartiron entre todas as persoas asistentes.
Publicidade
A Agrupación Folclórica Reviravolta de Lardeiros achegouse para poñer música e animar
unha festa moi concorrida. Durante a actuación presentaron ao novo grupo de pandeireteiras, que garante a continuación da afección pola música tradicional no
municipio do Pino.
Durante a festa, moitas das persoas asistentes louvaron a calidade dos cadros que pintaron os nenos e nenas do Pino que acoden ao taller ImaginArte, que imparte a veciña Alejandra Rebollo Audiffred. A exposición con estas obras pode verse na entrada do centro.
Publicidade
A concelleira de Cultura, Eva Varela, destacou a “elevada participación na Festa de Nadal”
e animou a “mocidade a seguir apostando pola música tradicional como fan estas novas
pandeireteiras de Reviravolta”.








Comentarios