top of page

A Fervenza das Hortas estrea unha nova área de descanso tras a finalización das obras de mellora

Permitiu mellorar de maneira notable a baixada á fervenza, incorporando un espazo de descanso, aparcadoiro, novo mobiliario, plantación de árbores e unha mellora dos accesos


Laura Moure/Arzúa

A Fervenza das Hortas, situada na parroquia de Dombodán, conta xa cunha nova área de descanso tras a finalización das obras de acondicionamento impulsadas polo Concello de Arzúa a través da súa Concellería de Turismo. A actuación permitiu mellorar de maneira notable a baixada á fervenza, incorporando un espazo de descanso, aparcadoiro, novo mobiliario, plantación de árbores e unha mellora xeral dos accesos.


O proxecto contou cun orzamento total de 37.772,79 euros, dos cales 30.000 euros foron

financiados pola Axencia de Turismo de Galicia mediante unha subvención concedida en

réxime de concorrencia competitiva. O Concello asumiu o importe restante.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

A concelleira de Turismo, Begoña Balado, destacou a importancia desta intervención para

o futuro turístico do municipio. “Con esta actuación damos un paso máis na posta en valor

dos nosos espazos naturais, facéndoos máis accesibles, seguros e atractivos tanto para a

veciñanza como para as persoas que nos visitan”.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Balado subliñou tamén que “a Fervenza das Hortas é un enclave de gran beleza natural que merecía unha mellora destas características, sempre desde o respecto ao entorno e

apostando por un modelo de turismo verde e sostible”. Ademais, puxo en valor o traballo

técnico realizado: “Conseguimos esta subvención grazas a presentar un proxecto

completo, ben fundamentado e cunha tramitación áxil, o que demostra a eficacia do traballo que se está a facer desde o Concello”.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Desde o goberno local destacan que esta intervención permitirá seguir reforzando a oferta

de turismo de natureza en Arzúa, mellorando a experiencia das persoas visitantes e contribuíndo á conservación e desfrute responsable dun dos espazos naturais máis singulares do municipio.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page