top of page

A exposición fotográfica de Abeancos poderase ver de luns a venres na Oficina de Turismo de Santiso

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Abeancos é un catálogo dixital aberto de elementos patrimoniais presentes na zona da Comarca Terra de Melide


Laura Moure/Santiso

A exposición fotográfica de Abeancos chega ao concello de Santiso. Xa se pode visitar na Oficina de Turismo (antigo Concello) a escolma de fotos que compoñen a exposición sobre o catálogo dixital de Abeancos https://www.abeancos.gal Cabe mencionar que Abeancos é un catálogo dixital aberto de elementos patrimoniais presentes na zona da Comarca Terra de Melide. Todos eles, documentados, clasificados e xeolocalizados con mapas libres. Ao tratarse dun catálogo dixital aberto, o acceso aos datos non está restrinxido unicamente á súa visualización neste sitio web e o acceso aos datos en distintos formatos é libre e gratuíto. Parabéns por este gran proxecto!


"A escolma fotográfica responde a un pequeno avance do que se pode ver na páxina web, catálogo ou mesmo poderíase dicir enciclopedia do patrimonio comarcal", sinalan dende Turismo Santiso.


O horario de visitas é de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas.


"Queremos agradecer a colaboración do Proxecto Abeancos por facer posible esta exposición", indica Turismo Santiso.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page