top of page

A estafa na que se fan pasar polo teu fillo ou filla


Ecos da Comarca /Palas de Rei

Son continuas as estafas que buscan o seu obxectivo a través das mensaxes móbiles. A última, fanse pasar polo teu fillo ou filla. A ECOS DA COMARCA tamén nos chegou unha destas mensaxes:

En que consiste este timo? No envío dunha mensaxe estilo o anterior ou senón algo como: «Ola mama/papa este é o meu novo numero de telefono acábanme de roubar todo o que levaba encima fai 1 hora, móbil, carteira, chaves. Pódesme falar por whatsapp?».


Despois pídenche enviar unha mensaxe a un número de teléfono e a partir de aí comeza a estafa, xa que xogan coa preocupación dunha nai ou dun pai e fai que en moitos casos se sexa imprudente e non se comprobe se a alerta é real.


A estafa consiste en pedirlle a esa persoa unha gran cantidade de diñeiro por ter un problema económico urxente que debe resolver rapidamente, polo que lle piden que por favor lle fagan unha ou varias transferencias a unha conta bancaria.

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Por suposto, a conta bancaria tampouco será a do fillo, será outra nova, con outra escusa para non ser a habitual e así lograr o obxectivo.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por iso, as autoridades recalcan que de recibir unha mensaxe así, NUNCA DEBEMOS ENVIAR DIÑEIRO, e debemos contactar primeiramente coa persoa ao seu teléfono de sempre. Ademais, débese poñer isto en coñecemento das autoridades.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page