top of page

A empresa silledense Trasdeza Natur distinguida pola Xunta de Galicia

O motivo é pola súa optimización dos procesos de deshidratación de froitas e hortalizas mediante tecnoloxías renovables

Laura Moure/Silleda

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, vén de entregarlle á empresa Trasdeza Natur unha mención especial no marco do III Foro de innovación produtiva do sector agrario que se celebrou o pasado mes de marzo, pola súa optimización dos procesos de deshidratación de froitas e hortalizas mediante tecnoloxías renovables. Cómpre apuntar que os produtos desta firma silledense -certificados polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega)- están amparados ademais polo selo de Artesanía Alimentaria.

Así, ao abeiro da iniciativa subvencionada e distinguida pola Xunta, Trasdeza Natur busca implantar un sistema de cultivo de pequenos froitos e verduras, adaptar o prototipo de deshidratador solar existente ou modelar os distintos procesos e tempos de secado.

Tamén avaliar as propiedades dos produtos finais e a súa aceptación por parte do consumidor, así como a pegada de carbono do proceso de elaboración e o deseño dun sistema de envasado axeitado.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page