top of page

A empresa que quería montar unha planta de biogás en Antas non se presentou á compra das parcelas

A alcaldesa aclara que non hai ningún proxecto presentado para tal fin


Ecos da Comarca/Antas de Ulla

A alcaldesa Pilar García Porto reuniuse co colectivo veciñal Berce do Ulla. Na xuntanza como indica o propio Concello, aclarouse que non hai ningún proxecto presentado para facer unha planta de biogás en Antas de Ulla. A empresa que amosou inicialmente o seu interese en facela non se presentou á compra das parcelas e non adquiriu ningunha.

"Se nalgún momento houbese algún tipo de proxecto similar, dende o Concello faríase pública a información correspondente, como con calquera proxecto empresarial de calado. Temos un compromiso coa transparencia, e nunha situación así daríamos a coñecer toda a información a través das canles oficiais do Concello", sinalou García Porto.


A alcaldesa sinalou ademais que o Concello non pode pronunciarse sobre un proxecto inexistente.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O colectivo veciñal valora esta nova moi positiva. "Durante algo máis dunha hora de conversa, a principal boa nova foi que a empresa promotora da planta de biogás finalmente non se presentou á poxa das parcelas. As dúas entidades que si formalizaron oferta foron unha asociación ecoloxista e un particular da comarca. Segundo nos trasladou a alcaldesa, a empresa promotora non tivo contacto ningún co Concello desde aquela presentación pública en Antas e tampouco presentou ningún proxecto formal. As únicas comunicacións coñecidas foron por escrito coa Deputación", indica o colectivo.


Así mesmo, os dous representantes do colectivo veciñal que se reuniron coa mandataria, expuxéronlles que, pola forma en que se sucederon os feitos —primeiro a presentación do proxecto pola empresa, logo a convocatoria da poxa dos terreos dos Carreiros, e a posterior referencia xenérica a “dúas entidades”—, se xerou un contexto de desconfianza totalmente xustificada pola veciñanza.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Tamén comentou que outras empresas teñen preguntado pola posibilidade de instalar unha planta de biogás no municipio, aínda que sen mostrar moito interese ata o momento. A alcaldesa manifestou que, por agora, non ten unha postura definida sobre a instalación dunha planta de biogás no municipio, e que aínda ten dúbidas sobre aspectos clave como o abastecemento de auga necesario para un proxecto destas características. Tamén indicou que no municipio existen opinións diversas sobre esta cuestión. En resumo: boas noticias pola retirada da promotora, pero a conclusión principal é que desde o Concello manterán unha postura de non posicionamento", recalca Berce do Ulla.


Cabe recordar que ECOS DA COMARCA asistimos o 16 de decembro á presetación do proxecto por parte da empresa. Compartimos vídeo:



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page