Perruquería Marisa.gif

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visita o albergue de Arca, no concello do Pino

Puxo en valor as liñas de axudas abertas pola Xunta para investimentos en equipamentos dos establecementos hostaleiros e a posta en marcha do Plan de Melloras na Rede Pública de Albergues para Peregrinos


Laura Moure/O Pino

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou este xoves nunha visita ao albergue de Arca, no Pino, que recentemente foi reformado, onde incidiu na importancia do papel do Camiño de Santiago para transformar aldeas, vilas e ciudades, xa que grazas á chegada de peregrinos increméntase o tecido empresarial galego, especialmente nas áreas rurais.

Así, a directora de Turismo de Galicia puxo en valor as liñas de axudas abertas pola Xunta para investimentos en equipamentos dos establecementos hostaleiros e a posta en marcha do Plan de Melloras na Rede Pública de Albergues para Peregrinos 2022, polo que se executarán obras de mellora da confortabilidade, salubridade, accesibilidade e reparacións varias, como pintura, illamento e paneis divisorios; melloras na decoración interior e reposición de elementos danados; así como homoxeneizar a sinalización interior e exterior dos albergues.


Nava Castro indicou que dende a Xunta búscase potenciar un turismo sostible e desestacionalizado, baseado nun Xacobeo excepcional como o que estamos tendo. “Este albergue é unha clara mostra do traballo que se está a facer polas rutas do Camiño de Santiago”, indicou Nava Castro.

“Porque o Camiño de Santiago converteu a Santiago e a Galicia na meta de peregrinación europea dende o século IX ata agora e queremos que así siga sendo. Un Camiño baseado nuns servizos de excelencia e de calidade”, afirmou a directora xeral de Turismo.

55 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif