top of page

A directora da Axencia Galega de Innovación asiste a un encontro cos profesionais das EFAS en Arzúa

Expuxeron as liñas de traballo da Efa Piñeiral, Fonteboa e A Cancela, e coñecéronse actuacións nas que a Axencia Galega de Innovación, GAIN, está atraballar


Laura Moure/Arzúa

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, asistiu este mércores a un encontro cos profesionais da Federación Efas de Galicia na Efa Piñeiral, en Arzúa. No encontro expuxéronse as liñas de traballo e metodoloxía empregada pola Efa Piñeiral, Fonteboa e A Cancela en materia de formación e promoción rural; poñendo especialmente o foco nos proxectos que dende as Efas se promoven para fomentar a innovación e a mellora da cualificación e competitividade empresarial.

A Federación Efas de Galicia ven participando como socio en proxectos transnacionais dende o 2002, moitos deles centrados na innovación tanto en mobilidade do alumnado e dos profesionais como na mellora da procesos empresariais. Patricia Argerey, indiciu na necesidade de “convertir os proxectos e a aprendizaxe que deles se desprende en estratexias que poidan xerar impacto directo no territorio”, premisa para o cal, todos os profesionais asistentes coincidiron en demandar máis fondos e recursos para poder implementar as accións de innovación, detección e acompañamento dos beneficiarios.

A directora de GAIN resaltou a necesidade da colaboración para acadar procesos innovadores e expuxo algunhas das liñas de acción nas que dende a administración están a traballar para favorecer as sinerxias e a capilaridade entre empresas, administración e entidades de acción local, como o son os centros formativos.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page