top of page

A deputada lalinense do BNG, Ariadna Fernández, visita Forcarei

Ecos da Comarca/Deza

O BNG, no seu curso político parlamentar na comarca de Deza-Tabeirós e Terra de

Montes, continúa coas reunións nos distintos concellos a través da deputada Ariadna

Fernández, que neste caso se desprazou acompañada do responsable comarcal a

Forcarei, onde mantivo unha reunión co portavoz nacionalista municipal.

Logo de que esta comarca conseguira representación no parlamento galego nas

últimas eleccións, o BNG márcase como obxectivo ter un contacto permanente cos

grupos municipais, cos colectivos sociais e coa poboación en xeral, a través de visitas que

teñan unha certa periodicidade, para que o parlamento e os veciños e veciñas estean en

contacto directo, cun traballo sobre o territorio constante e moi útil para todos e todas.


Nestas xuntanzas trataranse de primeira man as problemáticas da veciñanza, para

trasladalas mediante iniciativas parlamentares ao Pazo do Hórreo, de xeito que o goberno

da Xunta de Galiza sexa coñecedor das eivas comarcais que existen e onde a deputada

nacionalista pedirá solucións para elas, tanto en sesións plenarias coma nas respectivas

comisións.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Os eixos arredor dos que xirará o traballo do BNG serán a defensa duns servizos

públicos de calidade, xa sexa no eido da sanidade, da educación ou dos servizos sociais,

"moi degradados polo Partido Popular ao longo de todos estes anos de goberno onde se

favoreceu reiteradamente a iniciativa privada, primando o negocio sobre as persoas, cun

resultado nefasto ao longo de todo o país, pero máis evidente se cabe nos concellos máis

rurais, onde a atención da xente fica abandonada á súa sorte sen que ninguén se

preocupe, entre outros problemas, de paliar a crise demográfica que sufrimos e os seus

efectos a longo prazo, que serán devastadores".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Nese senso, a defensa por parte do partido nacionalista dos sectores chave que protexan e defendan o rural é incondicional, cunha aposta forte polo sector primario onde, "tanto a nivel agrogandeiro coma forestal somos unha grande potencia sen aproveitar por o noso propio país, ao igual que ocorre a nivel enerxético, onde o BNG aposta de xeito claro por un plan enerxético que mellore a vida de todas e todos os galegos".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page