top of page

A deputada Cristina García presentou en Santiso o investimento de 740.000 euros do Plan Único

Laura Moure/Santiso

A deputada de Plans Provinciais e Asistencia a Municipios, Cristina García, reuniuse na Casa do Concello de Santiso co alcalde, Manuel Adán, para presentarlle o investimento que o Plan Único da Deputación fai este ano nese municipio: 740.244,78 euros, dos 3.730.496,94 que reparte na comarca da Terra de Melide.

García interesouse polas necesidades de Santiso en canto a obras, servizos, investimentos e futuros proxectos para o concello, e visitou os traballos de pavimentación do camiño de Belmil a Penaposta, executados con cargo ao Plan Único de 2023.


A deputada reafirmou a importancia do POS+, "pois permite dar resposta ás situacións e necesidades concretas de cada concello, reforzando a súa autonomía e responsabilidade, pero ademais supón unha poderosa ferramenta para racionalizar e obxectivar a colaboración da Deputación cos municipios da provincia na realización de investimentos".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Ademais, o Plan Único", engadiu García, "representa un novo modelo de cooperación cos concellos, máis transparente e máis xusto, e contribúe a sanear as economías municipais, axuda a que as administracións locais poidan acometer non só obras coma a que visitamos aquí en Santiso, senón tamén servizos públicos básicos: o alumeado público, a recollida de lixo, a limpeza viaria e o mantemento de programas sociais para apoiar ás familias que máis o necesitan, entre moitos outros".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page