top of page

A Deputación destinou na área de medio rural e na Finca Mouriscade de Lalín 4,1 millóns de euros

O goberno de Luis López destinou nos dous primeiros anos de mandato preto de 20 millóns de euros ao Medio Ambiente, ao desenvolvemento do medio rural e á mellora dos cultivos e das especies vexetais na provincia de Pontevedra


Laura Moure/Lalín

O goberno da Deputación de Pontevedra destinou nos dous primeiros anos de mandato preto de 20 millóns de euros ao Medio Ambiente, ao desenvolvemento do medio rural e á mellora dos cultivos e das especies vexetais na provincia de Pontevedra. A través do servizo de Medio Ambiente e Mar, que lidera o deputado Marcos Guisasola, o investimento bianual supera os preto de 6 millóns de euros, aos que hai que engadir outros 4,1 millóns de euros investidos na mellora  do medio rural e para facer fronte ao reto demográfico a través de Mouriscade, área que dirixe o deputado Jorge Cubela, e os 9,3 investidos a través de diferentes iniciativas que xestiona a Estación Fitopatolóxica Areeiro, liderada polo deputado provincial Javier Tourís.

“O desenvolvemento desta provincia –subliñou o deputado de Medio Ambiente e Mar, Marcos Gisasola- non pode estar rifado coa conservación da nosa contorna natural e por iso apostamos por políticas sostibles e respectuosas e impulsamos o desenrolo dos sectores produtivos estreitamente relacionados co medio natural”. Ao respecto,  o deputado recordou que nestes dous anos dirixíronse 1,2 millóns de euros ás confrarías de pescadores, agrupacións de mariscadoras e cooperativas agrogandeiras; investiuse máis dun millón de euros no CAAN, prestando un novo servizo de esterilización de colonias felinas e tramitando preto de 1.100 adopcións; ou mobilizáronse máis de 1,3 millóns de euros a través de iniciativas medioambientais como Biocosteiro, +Rías ou Da túa man rural I e II. Ademais, asináronse convenios por valor de máis de 700.000 euros en materia de Medio Ambiente e Mar, investíronse 440.000 euros na realización dun estudo de caracterización e modelización das taxas de residuos comerciais nos concellos menores de 50.000 habitantes e destináronse 300.000 euros ao programa de educación ambiental Ponte a Zero, así como puxéronse en marcha actividades como Voando nas Rías Baixas ou o Servizo de Vixilancia, Inspección e Control de Residuos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Mouriscade

Na área de medio rural e na Finca Mouriscade de Lalín o investimento ascende a 4,1 millóns de euros. Neste eido, o deputado provincial Jorge Cubela remarcou que “escoitamos á sociedade, entendemos as súas demandas e atendémolas, destinando recursos sen precedentes para o desenvolvemento do medio rural e para facer fronte ao reto demográfico”. Ao detalle, explicou que se dirixiron 3,1 millóns de euros para a mellora das estruturas e do sistemas produtivos e máis de 1 millón de euros para o desenvolvemento do medio rural a través da mellora do laboratorio de Mouriscade, punteiro a nivel estatal e internacional; ou da mellora da calidade xenética dos animais, conseguindo que a gandería da finca se sitúe no segundo posto de toda España con mellor índice combinado (ICO) e no terceiro por mérito económico.


Ademais, tamén se destinaron máis de 100.000 euros a actuacións de colaboración co sector gandeiro, con proxectos para a avaliación xenómica da eficiencia alimentaria, para a posta en marcha das Escolas de Xóvenes Gandeiros, para lotes de animais e ensaios de campo, para a realización de prácticas da Facultade de Veterinaria ou para colaborar con centros de referencia do mundo como Dairy One (Estados Unidos América) ou Evonik (Alemaña) en canto a análises NIR adaptadas ás necesidades dos sectores gandeiro e agroalimentario.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Areeiro

Areeiro tamén experimentou unha fonda transformación nestes dous anos de goberno de Luis López na Deputación de Pontevedra, cun investimento de 9,3 millóns de euros. “Estamos a investir en Areeiro recursos como nunca antes se fixera, para converter a este centro de investigación nun lugar de referencia de primeiro nivel internacional en canto aos cultivos e especies vexetais”, subliñou o deputado da Estación Fitopatolóxica Areeiro, Javier Tourís.


Nestes dous anos dirixíronse 6,1 millóns á investigación fitopatolóxica en xeral e 3,1 millóns de euros á mellora das estruturas e sistemas produtivos. Tamén preto de 20.000 á investigación fitopatolóxica en viticultura e preto de 11.000 á investigación arredor do kiwi. Ademais, realizáronse máis de 5.000 análises para diagnóstico fitopatolóxico, máis de 5.300 informes de fertilidade e análises químicos sobre kiwi e viña, doáronse máis de 2.000 plantas, realizáronse preto de 90 informes para avaliar o estado das árbores nos concellos da provincia, máis de 55 avisos fitosanitarios, 12 ensaios colaborativos, 9 publicacións en revistas internacionais, 88 secuencias para patentes, elaboráronse case 200 litros de aceite e, entre outras moitas iniciativas, producíronse máis de 16 quilos de TéAreeiro.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page