top of page

A Deputación destina 306.856 euros para mellorar a DP-1002 ao seu paso pola Gándara, en Boimorto

As obras, que se realizan na contorna da residencia de maiores, inclúen a ampliación da vía e a construción dunha senda peonil na marxe esquerda


Laura Moure/Boimorto

A Deputación da Coruña destina 306.856 euros para acometer as obras de mellora da seguridade viaria na DP-1002 ao seu paso concello de Boimorto, no tramo que vai desde a estrada AC-234 á Gándara.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica este xoves 12 de maio, a aprobación deste proxecto, pertencente á cuarta fase do plan de vías provinciais 2022 e que se realizará nunha estrada que dá acceso á residencia de maiores do municipio.

As obras que se han levar a cabo entre os PK 1+380 ao PK 2+080 inclúen a ampliación da calzada, que pasará dos 4,80 metros de ancho actuais aos 6,50 metros con dous carrís de 3 metros e beiravías de 0,25 metros, e a execución dunha senda peonil de 2 metros na marxe esquerda para prolongar a beirarrúa existente. Posteriormente, pavimentarase a vía e habilitarase unha rede de recollida de pluviais.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page