top of page

A Deputación de Lugo lanza unha nova edición do programa 'Coñece a túa Provincia'

As bases publicaranse o vindeiro 10 de xaneiro no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e o prazo para presentar solicitudes estará aberto do 12 ao 16 de xaneiro


Laura Moure/A Ulloa

ree

A Xunta de Goberno vén de aprobar as bases dunha nova convocatoria do programa Coñece a túa provincia, a iniciativa impulsada pola Deputación de Lugo que ofrece viaxes gratuítas a entidades sen ánimo de lucro dos 67 concellos da provincia. Nesta edición, o programa ofrecerá 3.036 prazas e contará cun orzamento de máis de 200.000 €, o que supón un investimento de 67,40€ por persoa que repercute en beneficios para o territorio, ao fomentar o turismo de proximidade e dinamizar a actividade económica local. 


As bases sairán publicadas o vindeiro 10 de xaneiro no Boletín Oficial da Provincia (BOP), e previsiblemente o prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 12 ao 16 de xaneiro. Nesta anualidade, as asociacións poderán solicitar entre 15 e 23 prazas para realizar as excursións, mantendo o mesmo modelo de anos anteriores: visitas guiadas a centros da Deputación e rutas a elixir, con transporte, xantar, guía oficial de turismo, seguro de viaxeiros e entradas incluídas.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Como novidade principal, esta edición priorizaranse as entidades que non participaron en convocatorias anteriores, garantindo así a oportunidade de acceder ao programa a novos colectivos. As solicitudes deberán presentarse a través da Sede Electrónica da Deputación ou no Rexistro Xeral. As entidades que participen por primeira vez deberán achegar unha copia do NIF da entidade. 

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O programa mantén a oferta de 44 rutas polos 67 concellos da provincia, ás que se engaden 7 rutas accesibles deseñadas especificamente para colectivos de persoas con discapacidade física. 




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page