A Deputación de Lugo construirá un almacén no Parque Central de Galicia, en Antas de Ulla
- ecosdacomarca

- hace 4 días
- 1 Min. de lectura
Este inmoble estará destinado a gardar maquinaria e ferramentas agrícolas e forestais
Ecos da Comarca/Antas de Ulla
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres un conxunto de investimentos por case 1,4M€ para realizar novas obras, infraestruturas e a mellora de servizos que beneficiarán directamente aos veciños e veciñas de seis concellos da provincia, entre eles Antas de Ulla.

Publicidade
No caso do concello de Antas de Ulla deuse o visto e prace á contratación das obras de construción dun almacén para gardar maquinaria e ferramentas agrícolas e forestais no Parque Central de Galicia, situado no lugar de Nugallás. Este novo edificio, que facilitará o traballo de mantemento do complexo, construirase nunha parcela provincial de 15.452 metros cadrados, limitando ao sur coa estrada LU-P-0301 e ao norte cun camiño municipal, desde o que se prevé o acceso á nova edificación.
Publicidade
A nova construción, cun investimento de preto de 17.500 euros, terá unha planta rectangular de 12,60 por 8,60 metros, cun total de 108 metros cadrados. Contará cunha cuberta a dúas augas con tella curva e remataras e con morteiro hidrófugo e un zócolo de granito, mantendo o estilo do resto das instalacións do Parque Central de Galicia.








Comentarios