top of page

A Deputación aborda o impacto do Plan Único cos Concellos de Arzúa, Melide, Toques e Santiso

Laura Moure/Arzúa

O concello de Arzúa acolleu a visita do vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, e a deputada do Plan Único, Cristina García, que se reuniron cos alcaldes de Melide, José Manuel Pérez Penas; de Santiso, Manuel Adán; de Toques, José Ángel Penas, e o concelleiro de Arzúa, Daniel Moscoso. Durante o encontro abordouse a incidencia que o Plan Único está a ter nos distintos municipios, compartindo valoracións sobre os investimentos realizados e a capacidade deste programa para dar resposta ás necesidades específicas de cada concello.

O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, destacou que "o Plan Único consolidouse como unha ferramenta fundamental para reforzar a autonomía municipal, porque permite que sexan os propios concellos quen decidan en que investir os recursos segundo as súas prioridades e a realidade do territorio". Regueira engadiu que "estas reunións son moi valiosas porque nos permiten coñecer directamente a percepción dos gobernos locais, avaliar o funcionamento do programa e seguir mellorándoo desde o diálogo e a colaboración institucional".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Pola súa banda, a deputada responsable do Plan Único, Cristina García, salientou que "o éxito do Plan Único reside na súa flexibilidade e na confianza que deposita nos concellos". "Queremos seguir mantendo un contacto permanente cos responsables municipais para coñecer as súas necesidades, escoitar as súas propostas e garantir que a Deputación continúa sendo unha administración útil, próxima e eficaz", afirmou.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Ademais da análise dos investimentos do Plan Único, durante a reunión abordáronse outras cuestións de interese para os municipios. Os representantes municipais trasladaron tamén a súa preocupación polo estado e as necesidades de mellora da rede de estradas de titularidade provincial, incidindo na importancia de continuar avanzando na conservación e modernización destas infraestruturas para garantir a seguridade viaria e mellorar a mobilidade no territorio.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

O encontro enmárcase na rolda de contactos que a Deputación da Coruña está a manter con distintos concellos da provincia para reforzar a cooperación institucional, avaliar o impacto das políticas provinciais e continuar adaptando os seus programas ás necesidades reais do municipalismo.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page