top of page

A Deputación e o Concello de Melide asinan un convenio para mellorar 13 rúas por 300.000 euros

A institución provincial achega o 80% do orzamento para executar obras de pavimentación, sinalización e seguridade viaria


Laura Moure/Melide

A Deputación da Coruña e o Concello de Melide veñen de asinar un convenio de colaboración para a execución de obras de mellora en trece rúas do municipio, cun investimento total de 300.000 euros. A Deputación achegará 240.000 euros, o 80% do total, mentres que o Concello asumirá os 60.000 euros restantes. O acordo foi formalizado esta mañá na sede da institución provincial nun acto no que participaron o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Melide, José Manuel Pérez.

As actuacións previstas inclúen a reparación do firme, a pavimentación, a apertura e limpeza de cunetas, así como a renovación da sinalización horizontal nas seguintes rúas: Alfredo Álvarez González, Camiño O Meire, Camiño Cabanelas, acceso á Cooperativa, Alcalde Andrés Rodríguez Martínez, Camiño Arribas, Camiño Gondolín a Garea, Xoán XXIII, Sofía Casanova, Pastor Barral Camoiras, Bocelo, Rañado, Pilar e San Salvador.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"O mantemento das infraestruturas municipais é esencial para garantir a seguridade viaria, mellorar a calidade de vida da veciñanza e contribuír a unha imaxe máis coidada e atractiva das nosas vilas e cidades", afirmou o presidente Valentín González Formoso, quen destacou que "estes investimentos permiten dar resposta a necesidades urxentes dos concellos, moitas veces sen capacidade para afrontalas en solitario".


Formoso insistiu na importancia da colaboración institucional como ferramenta para avanzar na igualdade territorial: "Desde a Deputación traballamos da man dos concellos para mellorar o día a día da xente, vivan onde vivan. Esa é a nosa prioridade: sumar esforzos para construír municipios máis cómodos, seguros e habitables".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Pola súa banda, o alcalde de Melide agradeceu o apoio da Deputación e sinalou que estas actuacións permitirán mellorar o estado de rúas que levaban anos agardando unha intervención para mellorar o seu estado.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page