top of page

A cuarta edición da 10K Concello de Monterroso 2022 será o 11 de setembro

A proba que organiza este Concello en colaboración co colectivo Correr en Monterroso xa ten aberto o prazo de inscrición


Laura Moure/Monterroso

A cuarta edición da 10K Concello de Monterroso 2022 está en marcha. Acaba de abrir o prazo de inscrición para o evento que se celebrará o domingo 11 de setembro a partir das 10:30 horas. A proba que organiza o Concello de Monterroso en colaboración co colectivo Correr en Monterroso trae varias novidades.

Por unha parte, un percorrido menos esixente o de anos anteriores para que sexa máis asequible a tódolos niveis. O percorrido está pensado para facer mais levadeiro os cambios de desnivel que forman parte da orografía de Monterroso. Os participantes da 10k e da andaina pasarán por pequenas aldeas co encanto da arquitectura popular e desfrutando das sombras de árbores frondosas tan propias da paisaxe da Ulloa. Como xa é costume incluiranse carreiras por equipos e este ano recupérase, como novidade, a clasificación individual para maiores de 65 anos. Xunto coa carreira, organízanse paralelamente unha andaina de 5 km, para aqueles que os 10 km se lles faga moito, e probas para menores de idade con distancias de 100 m, 500 m e 1.000 m en función do ano de nacemento dos participantes. A inscrición é gratuíta na andaina e nas probas de menores de idade.

Para a proba dos 10 km o custe será de 7 euros ata o día 28 de agosto e 10, dende o 29 ata o día 6 de setembro data na que se cerran todas as inscricións. O evento ten prazas limitadas polo que dende a organización recomendan inscribirse xa estes primeiros días. A forma de inscribirse, percorridos, prazos, horarios e máis información da carreira pode consultarse na web www.correrenmonterroso.es

Por outra parte, dende a organización apuntan que as carreiras que se desenrolen en adiante en Monterroso buscarán unha redución no impacto no medio ambiente. Buscarase a redución de lixo, a rebaixa do uso de plástico e o fomento da reciclaxe. Para iso este ano a carreira conta coa colaboración de Ecoembes, a organización sen ánimo de lucro que coida do medioambiente a través da reciclaxe. A carreira tamén vai colaborar con Recycling bicicletas solidarias, coa colocación dun punto de recollida de bicicletas, camisetas deportivas, gymsacks, zapatillas e outros materiais deportivos para o seus proxectos solidarios. Zona de los archivos adjuntos


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page