top of page
Perruquería Marisa.gif

A cooperativa Vacas da Ulloa foi a gañadora da categoría Son Muller Rural dos premios Son Muller

Estes galardóns que celebraron este venres a súa quinta edición están organizados pola Asociación de Mulleres Empresariais da Provincia de Lugo


Laura Moure/A Ulloa

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este venres na entrega dos quintos premios Son Muller, organizados pola Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo (AELU). Un acto celebrado no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) e que contou cunha achega da Deputación Provincial de Lugo de 3.500. Das comarcas temos unhas premiada:


Na súa intervención, Rivera Capón subliñou que os premios Son Muller “están xa consolidados como un referente no recoñecemento e na proxeccións das mulleres no eido empresarial da provincia de Lugo” e destacou a súa importancia “porque a visibilidade é precisa para avanzar no camiño da igualdade, e para romper os teitos de cristal que aínda limita e pon freo ás carreiras profesionais ou ó talento das mulleres empresarias”.

“Precisamos fomentar e destacar o traballo das mulleres empresarias, o rural require na nosa provincia dunha atención especial”, sinalou o Deputado, que segundo o seu punto de vista “loitar pola incorporación da muller rural ó mundo da economía equivale a loitar pola supervivencia e o futuro do rural”.


Neste sentido, Pablo Rivera destacou a boa resposta que está a ter o programa Feminino Rural. Evolución, que a Deputación está a desenvolver con AELU. Un programa pensado para axudar as mulleres da provincia a poñer en marcha os seus proxectos empresariais a través da asesoría e a información e para o que a institución achega 40.000 euros. “Un exemplo da nosa colaboración co tecido produtivo e as mulleres do rural”, apuntou. Argumentou o Deputado que “o rural lucense necesita o talento e as iniciativas das mulleres para acadar o desenvolvemento e seguir vivo. Para fixar poboación”, que para logralo hai que apostar polo desenvolvemento económico e os servizos públicos.

ABOÁ UPCYCLING, de roupa reciclada, levou o recoñecemento na categoría Son Emprendedora; a cooperativa Vacas da Ulloa foi a gañadora da categoría Son Muller Rural 2022 e o centro de formación Academia A Mariña recolleu o galardón Son Empresaria.


4.500 euros en premios Os premios Son Muller contan con 3 categorías diferentes: Son Emprendedora, Son Empresaria e Son Empresaria rural; entre as que se repartiron un total de 4.500 euros. Con este certame, a Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia busca promover e defender os valores humanos, sociais e profesionais das mulleres na súa condición de empresarias, favorecendo a integración e o fomento do asociacionismo entre as empresarias, emprendedoras, executivas e directivas de empresas.

174 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page