A conselleira de Política Social visitou a parcela na que O Pino valora construír unha residencia
- Laura Moure

- hace 9 horas
- 2 Min. de lectura
Subliña que a nova achega da Xunta ao SAF "implica unha suba do 50% na lexislatura e duplica as contías de 2020"
Laura Moure/O Pino
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada do alcalde do Pino, Manuel Taboada, visitou onte a parcela na que o Concello valora construír unha residencia de maiores. Durante o acto, a conselleira puxo en valor o acordo acadado onte coa Fegamp sobre o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e sinalou que "a nova achega da Xunta, que aumentará progresivamente ata chegar aos 18 euros por hora en 2028, implica unha suba do 50% nesta lexislatura e supón duplicar a contía que se achegaba en 2020".

Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fabiola García destacou que este “acordo histórico”, o segundo pacto de lexislatura alcanzando coa Fegamp en cinco anos, permitirá reforzar un servizo que xestionan os concellos e a través do que reciben atención profesional nos seus fogares 23.000 galegas e galegos en situación de dependencia. Neste sentido, destacou que a través deste pacto a Xunta pasará "de financiar dos 12 euros a hora, directamente aos 16 euros hora neste 2026; aos 17 euros hora no 2027 e a 18 euros hora no 2028. Deste xeito, a Xunta subirá a súa achega nun 50% nesta lexislatura".
Publicidade
Na súa intervención, a conselleira fixo fincapé en que este esforzo orzamentario da Xunta “ten como obxectivo compensar o impacto” que esta xestión supón para os concellos e “contrasta coa actitude mantida polo Goberno central”, que, segundo denunciou, “non só non achega máis financiamento, nin para este servizo nin para a atención á dependencia, senón que introduce máis obrigas ás administracións locais”. Nesta liña, fixo fincapé na necesidade de que o Executivo central “cumpra coa lei de dependencia” e achegue o 50% do financiamento, unha situación que provoca que a débeda con Galicia acade este ano os 2.900 M€.
Publicidade
Fabiola García tamén destacou a importancia da colaboración entre institucións “para achegar solucións aos galegos e galegas” e definiu este acordo como “estable”, incidindo en que ten un dobre obxectivo “garantir seguridade económica que demandan os concellos e incrementar a calidade nos coidados profesionais a domicilio”. Finalmente, a conselleira avanzou que este acordo será asinado en breve espazo de tempo coa Fegamp.








Comentarios