top of page

A conmemoración do Día da Narración Oral pecha os Encontros Culturais de inverno de Arzúa

A cita será este venres 20 de marzo cun contacontos a cargo de Marta Ortiz


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura continúa levando a cabo os actos da nova programación que artellou para os primeiros meses de ano baixo o título de Encontros culturais de inverno. Esta programación, que pretendía ser un lugar de encontro para as noitiñas de inverno con cine, música, literatura e actividades nas parroquias, chega ao seu fin para este 2026 este venres, 20 de marzo, coa conmemoración do Día da Narración Oral.

A Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro acollerá a partir das 18:00 horas o contacontos Tralará. Contos, obxectos e música a cargo de Marta Ortiz que xunta contos, cantigas e obxectos. Contos de antes e de agora, bailando entre a tradición e a actualidade. Tralará ten o ritmo no corpo, cos cantos e refráns, retrousos e rimas, xogos de palabras e contos versados. O ritmo que emana do propio contar, da lingua. Este espectáculo vai dirixido ao público infantil de 2 a 10 anos e terá unha duración de 45 minutos.


Marta Ortiz é narradora oral dende 2007. Conta historias para público de todas as idades. Moitas veces conta só coa súa voz e o corpo, aínda que outras veces acompaña con música e manipulación de obxectos.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Esta función, coa que se celebrará o Día da Narración Oral que se conmemora internacionalmente cada 20 de marzo, pechará a segunda edición da programación Encontros culturais de inverno que dende o pasado día 30 de xaneiro ofertou un total de dez actividades para todos os públicos tanto na vila como, neste caso, nas parroquias de Dombodán e Vilantime.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

O Concelleiro de Cultura, José Luís García, di estar “moi satisfeito por poder sacar adiante esta programación, unha aposta da concellaría que dirixo, unha nova pogramación que naceu o ano pasado facendo así que durante todo o ano a poboación arzuá e visitantes teñan sen interrupcións propostas e alternativas culturais de balde e para todos os públicos”. 



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page