A Confederación de Empresarios e a Cámara de Comercio de Lugo destacan o potencial de Palas
Refírense a súa capacidade para atraer proxectos empresariais "estratéxicos e innovadoras" para a provincia
Laura Moure/Palas de Rei

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, recibiu ao presidente da Confederación de Empresarios de Lugo, Eduardo Valín, e o presidente da Cámara de Comercio de Lugo, Jaime Luis López Vázquez, interesados polos "estratéxicos e innovadores" proxectos empresariales en Palas de Rei. Xuntos, comprobaron os terreos, nos que se está en proceso de construción das primeiras naves da Planta de Bioflytech en Palas de Rei, e nas que prevé a cosecha e cría de larva de mosca para convertela en fariña e graxa dirixida á alimentación animal, o que supón, unha inversión superior aos 20 millóns de euros e a xeración de máis de 50 postos de traballo directo.
Os directivos da Patronal dos Empresarios e da Cámara de Comercio na súa visita a Palas, coincidían en valorar “moi positivamente que Bioflytech optase pola provincia lucense e máis concretamente por Palas de Rei, de quen destacaron o potencial deste Concello a hora de atraer inversións”.
Tamén, aproveitaron a súa estadía en Palas de Rei, para coñecer in situ a parcela de ubicación de Altri neste municipio e na que prevé desenrolar o proxecto de produción de fibras vexetais, onde tamén trasladaron o apoio tanto da Confederación de Empresarios como da Cámara de Comercio de Lugo ó proxecto empresarial da multinacional portuguesa en Palas de Rei.
NOTICIA RELACIONADA:
Sobre a granxa de cría de larvas de mosca que se asentará en Palas: https://www.ecosdacomarca.com/post/palas-contar%C3%A1-cunha-planta-de-colleita-e-cr%C3%ADa-de-larva-de-mosca-destinada-%C3%A1-alimentaci%C3%B3n-animal