top of page

A CHMS e o Concello de Palas construirán unha nova plataforma de paso sobre o regato Penelas

Este está situado en Berbetouros

Ecos da Comarca/Palas de Rei

O alcalde do Concello de Palas de Rei, Pablo Taboada e o Presidente da Confederación hidrográfica Miño Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, asinaron a pasada semana un convenio de colaboración para a execución da construción dunha ponte sobre o regato de Penelas, afluente do río Ferreira, ao seu paso por Berbetouros.

A actuación, que dará servizo a varias parroquias de Palas pero moi fundamentalmente a Berbetouros, permitindo a conexión e o acceso a varias infraestruturas agropecuarias e fincas, require unha inversión estimada superior aos 135.000 euros, que será sufragada nun 90% pola CHMS e o 10% restante o aportará o Concello de Palas de Rei.

 PUBLICIDADE

Na actualidade, a zona dispón dunha infraestrutura antiga e deteriorada que forma parte dun conxunto de vías que conectan ás carreteras LU-231 E LU-P-4004 polo que supón o acceso a distintas explotacións e terreos agrícolas da zona.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A obra requerirá a demolición da estrutura existente, a reposición do firme e a instalación de sistemas de contención.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page