A chamada ao 112 Galicia dun menor perdido no monte activou un dispositivo de busca en Sarreaus
- ecosdacomarca
- 27 oct 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
A chamada ao 112 Galicia dun menor perdido no monte activou un dispositivo de busca en Sarreaus (Ourense). Ás 12:30 horas, o 112 Galicia recibiu a chamada dun menor que informou de que se perdera no medio do monte mentres paseaba ao seu can de camiño á casa duns familiares, na zona de Perrelos.

Inicialmente, a nai do menor confirmou que se dirixía ao lugar para buscalo. Non obstante, ao non conseguilo localizar, volveu poñerse en contacto co 112 Galicia para informar da situación.
Publicidade
De inmediato, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activou un operativo de busca no que participaron a Garda Civil, a Policía Autonómica e voluntarios de Protección Civil de Sarreaus.
Publicidade
Pouco despois das dúas da tarde, a nai do menor atopouno en bo estado xunto ao seu can, tal e como comunicaron os efectivos de Protección Civil desprazados ao lugar.
Comentarios