A caída dunha árbore sobre unha furgoneta provoca un ferido na A-55 ao seu paso polo Porriño
- ecosdacomarca

- hace 13 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Pasadas as 9:40 horas, un particular alertou ao 112 Galicia da caída dunha árbore sobre unha furgoneta que circulaba polo quilómetro 22 da A-55, á altura da parroquia porriñesa de Budiño, en sentido Tui. Como consecuencia do impacto, o condutor precisou asistencia sanitaria.

Os Bombeiros do Porriño desprazáronse de inmediato ao lugar e confirmaron que a árbore interrompía a circulación na vía.
Nestes momentos, os servizos de emerxencias continúan traballando na retirada da árbore e na normalización do tráfico.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

No operativo participan, ademais dos bombeiros, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os voluntarios de Protección Civil do Porriño e os servizos de mantemento da autovía.
Publicidade
ACTUALIZACIÓN: A árbore xa foi retirada polos bombeiros e o tráfico atópase restablecido.
Publicidade








Comentarios