top of page

A Casa de Correos de Arzúa acolle unha exposición fotográfica de Gabriel Tizón

8 oct
2 min de lectura

Poderá visitarse do 9 de outubro ao 21 de novembro


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que a Casa de Correos acolle dende este venres unha exposición fotográfica de Gabriel Tizón. Da man da Concellaría de Cultura e da Asociación Cultural Ateneo Berger, a mostra titulada Entre nós poderá visitarse do 9 de outubro ao 21 de novembro, en horario de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 18:30 horas e os sábados de 10:30 a 13:00 horas.

Unha exposición por e para persoas que conviven nun único lugar entendendo a riqueza da diversidade como a maior das igualdades. Na que as persoas teñen que ser as protagonistas, para invitalas a reflexionar en tempos de tanta sobre información ao redor daquelas cousas que nos fan olvidar o que realmente é importante: a vida e a terra que compartimos. Esta mostra tamén pretende facer reflexionar a toda a veciñanza, en especial aos máis mozos que son o futuro da nosa sociedade.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Segundo palabras do propio Gabriel Tizón “como autor deste traballo feito en tantos países, aprendín de tantas persoas e culturas que o cambio só se pode facer coa educación e coa cultura, por iso o obxetivo é amosar como estas persoas están a loitar polas súas liberdades, como fixeron os nosos, algo que non deberíamos deixar de facer, traballar e cuidarnos en beneficio común”.


Este venres, 9 de outubro, levarase a cabo a inauguración da mostra ás 19:00 horas na Casa de Correos nun acto aberto a todo o público e que contará coa presenza do fotógrafo.

  PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

O Concelleiro de Cultura, José Luís García, anima á veciñanza a “participar nesta mostra, idónea parta todos os públicos, co fin de desfrutar da calidade das fotografías e ao mesmo tempo reflexionar sobre as ensinanzas que nos transmiten”. Tamén quere “agradecer publicamente á Asociación Ateneo Berger e a Gabriel Tizón achegar esta proposta a Arzúa, o que fai enriquecer a programación cultural do noso concello”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page