top of page
Perruquería Marisa.gif

A cantautora arzuá MJ Pérez actuará na súa terra o 8 de outubro

Laura Moure/Arzúa

MJ Pérez.

A cantautora arzuá MJ Pérez actuará o vindeiro 8 de outubro na praza de Galicia de Arzúa. da súa localidade natal. A actuación forma parte da iniciativa proposta pola Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés e coa colaboración da Concellería de Turismo de Arzúa, onde artistas dos diferentes municipios que conforman a mancomunidade poderán compartir co público a súa música.

A cantautora que bebe de diferentes estilos, co predominio do rock-pop nos seus primeiros álbums e cun xiro cara a sons máis latinos e música de raíz no seu último disco, ofrecerá ao público un concerto onde poderán gozar da música na rúa.

O Camiño Francés é o itinerario xacobeo con maior tradición e o máis recoñecido internacionalmente. A Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés engloba a once concellos entre os que se atopa Arzúa. Tanto no itinerario marcado polas frechas como nos seus arredores hai decenas de recunchos que ver e visitar e en Arzúa.


NOTICIAS SOBRE MJ PÉREZ:

48 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page