E pídelle ao alcalde do municipio, José Crespo, que "deixe de hipotecar á veciñanza"
Ecos da Comarca/Lalín
A Gran Praza era unha das promesas electorais deste Goberno, mais dende o PSdeG-
PSOE de Lalín consideran que non se pode dar comezo a este proxecto a catro meses das
eleccións, mercando as vivendas desa zona e hipotecando á veciñanza. “Este é un
proxecto de grande envergadura e consideramos que, en lugar de ler na prensa como
está todo o proceso, debería haber convocado aos voceiros para tratar este tema, que si
é relevante para a veciñanza e que implica unha grande inversión por parte do Concello”,
indica a concelleira e candidata á Alcaldía, Alba Forno, e lémbralle que si reciben
chamadas ou avisos para temas menores.
Dende a bancada socialista indican que o Concello parece unha inmobiliaria mercando
vivendas privadas, “sen criterio e sen proxecto firme, como sucedeu coa de Don Álvaro” e
engade que “neste caso estas vivendas, que representan parte da historia de Lalín, serán
derrubadas. Parece que o PP quere fulminar co pasado histórico de Lalín”, destaca Forno.
No mesmo sentido, mostra preocupación polo que quere facer co Casino, “un edificio con
valor histórico e que segue sendo un punto clave no centro da nosa vila. Fala de que a
sede a trasladaría a un edificio que construirá onda o palco da música da Praza da Vila”;
prefire derribar a historia de Lalín e un dos edificios máis emblemáticas que temos no
casco urbano, en lugar de conservalo e potencialo”.
A candidata á Alcaldía resalta que con Crespo sempre volven as hipotecas e os impostos,
“pero non pode agora, a catro meses das eleccións, decidir investir millóns de euros na
compra de vivendas privadas, cando hai outras necesidades sen cubrir máis urxentes
coma o saneamento integral do rural, SAF ou un servizo de conciliación en condicións,
entre outros moitos”. Por iso, dende o PSOE de Lalín solicitan que se paralicen estes
trámites ata que pasen as eleccións, xa que é un proxecto que suporá un gasto de máis
de 8 millóns de euros en total, tendo en conta que haberá que urbanizar, deseñar un
proxecto atractivo e todo o demais.
“Sabemos que o seu modelo de vila é mercar casas coma se fose unha inmobiliaria", afirma Forno
“Sabemos que o seu modelo de vila é mercar casas coma se fose unha inmobiliaria e logo
meter os coches pasando por esas zonas, algo incoherente e insólito”, resalta Forno e
puntualiza que “isto vai supoñer hipotecar á veciñanza, unha vez máis, por un proxecto
faraónico de Crespo e logo veremos a repercusión con subida de impostos ou carencias
noutras áreas”.
Ante esta situación, os socialistas pediron acceso a toda a documentación relativa a este
proxecto, que meteron por rexistro na mañá de onte. Indican que seguirán co seu
proxecto de reformar a Praza e humanizar a Rúa X, “pero respectando o patrimonio da
zona e as vivendas privadas que se encontran nesta área e que forman parte da paisaxe.
Consideramos que é unha barbaridade tirar eses edificios que son parte da Praza da
Igrexa e da historia de Lalín”.
Forno conclúe afirmando que o modelo de vila de Crespo, "no que as persoas non teñen
prioridade e que se centra en hipotecar á veciñanza", non pode seguir. “Non pode
continuar co despilfarro de cartos públicos en obras que se centran en derribar a historia
de Lalín e sen un proxecto claro. Non podemos permitir que se tiren os cartos nos
caprichos de Crespo, que logo repercutirán nos petos da nosa veciñanza”.
Acto o venres
Por outra banda, este venres, 3 de febreiro, o PSOE de Lalín celebra un acto ao que acudirá a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, para debatir sobre o modelo de vila. Intervirán Forno e a presidenta e estará moderado pola eurodeputado socialista e de Lalín Nicolás González Casares. Será ás 20:30 horas no Café Camilo, de Lalín.
NOTICIA RELACIONADA:
Comments