A campaña Arzúa Outlet, organizada por AECA, celebrarase do 24 ao 31 de agosto
Preto dunha vintena de establecementos ofrecerán prezos límite tanto no interior dos
seus locais como en espazos exteriores e beirarrúas do núcleo urbán
Laura Moure/Arzúa

A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (AECA) lanza unha nova edición da súa campaña comercial ARZÚA OUTLET, unha iniciativa estratéxica de "street marketing" que se desenvolverá entre o 24 e o 31 de agosto co obxectivo de dinamizar o núcleo urbano. Preto dunha vintena de establecementos locais sacarán os seus produtos directamente á rúa, grazas á colaboración do Concello de Arzúa.
PUBLICIDADE
Esta acción rompe as barreiras físicas dos comercios e transforma as beirarrúas nun espazo vivo, humano e accesible para os transeúntes.
PUBLICIDADE
A campaña céntrase en dous resultados de acción prioritarios:
• Favorecer a liquidación rápida de stock de tempada para o comercio de proximidade,
especialmente nos sectores de moda, calzado e complementos.
• Ofrecer aos consumidores oportunidades únicas de aforro con descontos agresivos
que alcanzarán o 70% sobre o prezo orixinal.
PUBLICIDADE
Apostar polo Centro Comercial Aberto de Arzúa supón apoiar un modelo de consumo circular, sostible e de quilómetro cero, evitando desprazamentos innecesarios e revertendo
os beneficios económicos directamente na vida das nosas rúas.










Comentarios