top of page

A Asociación de Empresas Galegas de Alugueiro de Autocaravanas fixo en Touro a súa asamblea xeral

O aluguer de autocaravanas en Galicia supera as 2.000 prazas turísticas, grazas a unha frota de máis de 500 vehículos


Laura Moure/Touro

A Asociación de Empresas Galegas de Alugueiro de Autocaravanas (Asemgal), presidida por Elías Rozas, celebrou esta semana, na Casa da Cultura do Concello de Touro, a súa asemblea xeral. As firmas participantes, que foron recibidas polo alcalde de Touro, Ignacio Codesido, desprazaron ata a vila distintos tipos de vehículos das súas frotas.

A asamblea tratou as principais liñas de traballo a curto, medio e longo prazo co obxectivo de manter unha oferta de calidade e mellorar os servizos que prestan as empresas que forman parte da asociación, ademais do orzamento e do plan de acción para 2023.

O aluguer de autocaravanas en Galicia supera as 2.000 prazas turísticas, grazas a unha frota de máis de 500 vehículos dos que dispón o sector na comunidade galega. A ocupación media por tempada acada os 100 días por unidade, o que representa un volume de facturación de máis de 10 millóns de euros no conxunto das empresas.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page