A Asociación Feiral de Silleda entrega os premios do seu primeiro concurso sobre as feiras
- Laura Moure
- hace 1 día
- 2 Min. de lectura
Os gañadores, do instituto de Mondoñedo, visitan xunto cos seus compañeiros de clase a
Semana Verde, o Museo do Campo e o Mosteiro de Carboeiro
Laura Moure/Silleda
A Asociación Feiral Semana Verde entregou o pasado día 5, coincidindo coa inauguración da 47ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, os premios do seu primeiro concurso ‘As Feiras Tradicionais Galegas’, nun acto ao que asistiron representantes do Concello de Silleda, da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, ademais das firmas patrocinadoras do certame.
O acto celebrouse no Museo do Campo e da Mecanización, trala visita que os gañadores e os seus compañeiros de clase, todos alumnos e alumnas do Instituto Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo, realizaron ás instalacións e, previamente, ó Mosteiro de Carboeiro.

A estudante de segundo da ESO Sara Bouso Caldeira recolleu o seu premio, consistente nun vale de 500 euros para canxear por compras por Internet e nun obradoiro no Museo Casa do Patrón de Doade para que ela e os seus compañeiros de clase gocen o próximo curso. O gañador do segundo premio, Fernando Seco Sánchez, estudante de cuarto da ESO nun puido acudir ao acto, polo que foi a súa mestra Aurita a que recolleu o premio no seu nome, consistente nun vale de 300 euros para compras por Internet e un obradoiro para el e para o centro no Enredo do Abelleiro, o museo do mel de Arzúa. O terceiro premiado, Matías Díaz Otero, de segundo da ESO, recolleu o seu vale de 200 euros para compras por Internet e un pase para unha visita guiada ó Museo do Campo e da Mecanización para el e os seus compañeiros.
O presidente da Asociación Feiral Semana Verde, José Luís Rodríguez, agradeceu a colaboración e implicación das distintas administracións públicas e empresas que apoiaron esta primeira edición como as mencionadas anteriormente, ademais de Autocares Rías Baixas, Fundación Roberto Rivas, Coren, Distri Conecta, S.L. … O certame que nace con vocación de permanencia e que busca manter vivas as orixes e tradicións das feiras e trasladar ás novas xeracións as súa importancia a través do intercambio interxeracional de experiencias e saberes.
Publicidade
A acto de entrega asistiron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a deputada provincial Belén Cachafeiro, a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, o director a Fundación Semana Verde, Ricardo Durán, e o coordinador de negocio Agro de Abanca, Alberto Silva. Entre o público, tamén estiveron presentes a tenente de alcaldesa silledense, Mónica Conde, e o concelleiro de cultura de Mondoñedo, Alberto García, entre outros moitos representantes da vida política, social e cultural dezá.
Ao remate da entrega de premios, estudantes, profesorado e autoridades desfrutaron doutra parte do premio do certame, a degustación de produtos típicos de Silleda como empanada, tortilla e lacón, preparado pola firma local Culinaria. Trala sobremesa, o grupo de estudantes visitou a feira, coincidindo co momento da súa inauguración.
Comments