A Asociación de Gandeiras e Gandeiros Galegos Elas Eles lamenta a falta de apoio á Rubia Galega
- ecosdacomarca
- hace 2 días
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
A Asociación de Gandeiras e Gandeiros Galegos Elas Eles, que está presidida polo cruceño, Adrián Riádigos, lamenta a falta de apoio dos políticos á Rubia Galega.

"Outro ano máis vemos como o Boletín Oficial da Provincia de Lugo do 14 de maio publica as bases da convocatoria con axudas de 400 euros por xovencas nacidas na propia granxa, que teñan acreditado un parto antes dos 36 meses e que estean inscritas no Rexistro Definitivo do Libro Xenealóxico de Raza Rubia Galega de ACRUGA. Tras as conversas mantidas coa deputada por A Coruña Cristina Capelán, a cal nos trasladou a disposición a realizar unhas axudas acorde para evitar a desigualdade, tamén se solicitaron reunións, que estamos a espera, coa Deputación de Pontevedra para abordar dita problemática. Vemos estas semanas que actores e actrices de calado internacional como Eva Longoria ou Henry Cavill se fan eco da nosa raza. Pero pola controversia cunha actuación un tanto vergoñenta, o Partido Popular, tanto a nivel autonómico como provincial ou mesmo local publicita ditas persoas nas súas redes, pero segue sen defender a Rubia Galega", considera esta asociación.
Publicidade
"Lamentamos dende a dirección de Gandeiras e Gandeiros Galegos Elas Eles esta situación de demagoxia e cinismo xa que publicitan unha cousa e fan outra moi distinta".
Comments