O colectivo anuncia que haberá un photocall especial
Laura Moure/Lalín
"Un ano máis señoritas e señoritos desempoan as súas mellores galas para o día máis
importante do ano", recalca a Asociación Cultural O Naranxo de Lalín. "O vindeiro sábado 18 de febreiro, a A.C O Naranxo convocámosvos a todas e todos, ás 12:30 horas, no Café Camilo a tomar o primeiro vermú do día", sinala.

"Teremos, para disfrute de "pequeños y mayores", photocall especial para que todes
levedes unha boa lembranza. Apuntar tamén que o noso avogoso Santo Torrisco nos acompañará sobre (xa sabedes como vai isto) ás 13:30 horas para ofrecernos a súa bendición. A parties de aquí, libre albedrío!!!!", recalca o colectivo.
Ademais, sinala que dado o gran número de xente que se xunta e que complica a celebración dunha comida oficial, "animamos á hostalería a que oferte pinchos, menús ou piscolabis especiais para esta xornada, e que todas poidades organizarvos para pasar o día na vila".
E ante esta posibilidade apunta que "os locais que vos animedes a isto, facédenolo saber para, dentro das nosas posibilidades, darvos a difusión necesaria. Estade atentas ás redes sociais, que iremos anunciando novidades!".
コメント