top of page

A ANPA do CEIP Plurilingüe de Toques organiza o Mercadiño Toquiño para o 5 de decembro

hace 11 horas
1 min de lectura

Laura Moure/Toques

O pavillón polideportivo de Toques acollerá o vindeiro 5 de decembro unha nova edición do Mercadiño Toquiño, organizado pola ANPA do CEIP Plurilingüe de Toques. A xornada combinará postos de artesanía, gastronomía, música tradicional, espectáculos e propostas de lecer para os máis pequenos.

 PUBLICIDADE

A programación arrancará ás 12:00 horas coa apertura dos postos de artesanía e da caseta gastronómica Toquiña. Unha hora máis tarde, ás 13:00 horas, terá lugar a actuación de Ascariz e Fernández, con música tradicional.


Pola tarde, entre as 16:30 e as 19:30 horas, haberá inchables para a cativada, cunha achega simbólica de catro euros para colaborar cos Toquiños. Ademais, durante toda a xornada desenvolveranse diferentes obradoiros infantís.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

A programación continuará ás 18:00 horas coa actuación da compañía ISEA MOURA, que presentará o espectáculo Apalpadora.


A xornada rematará ás 19:30 horas cun sorteo presencial dunha sesión de spa para dúas persoas no Hotel Carlos 96 de Melide. Ademais, as persoas que realicen compras por un importe igual ou superior a cinco euros recibirán unha participación para entrar no sorteo.


O Mercadiño Toquiño converterase así nunha proposta para desfrutar dunha xornada de ambiente festivo, apoiar a artesanía e a gastronomía e ofrecer actividades de entretemento para toda a familia.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page