A alcaldesa de Antas de Ulla denuncia o silencio da Xunta ante a posta en marcha a residencia de maiores
- ecosdacomarca

- 19 oct 2025
- 1 min de lectura
"Mentres tanto, dez persoas da antiga residencia municipal foron trasladadas a Monterroso hai case tres anos, e Antas de Ulla segue sen resposta nin data de apertura", lamenta
Ecos da Comarca/Antas de Ulla
A alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, denuncia "o silencio da Xunta ante un proxecto esencial para o municipio", como é a residencia de maiores deste municipio.

Tal e como indican dende o Concello, a rexedora leva máis de nove meses solicitando unha reunión coa Consellería de Política Social e Igualdade para tratar a posta en marcha da nova residencia de maiores, unha infraestrutura fundamental para o benestar da veciñanza.
PUBLICIDADE
"A residencia, practicamente rematada e construída con fondos europeos NextGenerationEU, supón un investimento de máis de 3,2 millóns de euros e conta con 56 prazas residenciais, que cubrirían unha necesidade real e urxente da nosa poboación maior. Mentres tanto, dez persoas da antiga residencia municipal foron trasladadas a Monterroso hai case tres anos, e Antas de Ulla segue sen resposta nin data de apertura", lamenta.
PUBLICIDADE
A alcaldesa reitera a súa disposición ao diálogo e á colaboración institucional, pero tamén a súa firmeza en defender os dereitos das persoas maiores e esixir un trato digno e xusto para o seu municipio. “Antas de Ulla non pide privilexios, pide xustiza, sensibilidade e respecto para as nosas persoas maiores.”








Comentarios