top of page

A 51ª Festa do Queixo de Arzúa celebrarase o 27 e 28 de febreiro e o 1 de marzo

Nas próximas semanas, ao longo do mes de decembro, abrirase tamén o prazo de inscrición de expositores


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa anuncia oficialmente as datas da 51ª edición da Festa do Queixo, que terá lugar os días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo. Considerada unha das celebracións gastronómicas máis emblemáticas e antigas de Galicia, a festa reafirma o seu papel como referente cultural e turístico da comunidade.

ree

Desde o ano pasado, a Festa do Queixo forma parte da Ruta Europea do Queixo, un recoñecemento que sitúa Arzúa no mapa internacional das grandes tradicións queixeiras.

Aínda que a temática desta edición aínda non foi desvelada, a organización adianta

que estará vinculada á historia de Galicia, o que permitirá conectar o patrimonio cultural galego coa tradición queixeira da comarca.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Durante os tres días de celebración, Arzúa encherase do sabor do seu queixo con Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa, así como das outras denominacións de orixe galegas, dos produtores artesanais certificados e dunha ampla mostra de queixos procedentes de todo o Estado e tamén internacionais. Un encontro diverso e de calidade que converte a festa nun escaparate único para profesionais, amantes do queixo e público xeral.


Nas próximas semanas, ao longo do mes de decembro, abrirase tamén o prazo de inscrición de expositores, un dos momentos máis agardados tanto polas queixerías como polo sector gastronómico.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O Concello de Arzúa lembra que, a medida que se achegue a data, iranse anunciando novidades sobre a temática, o programa musical e as actividades complementarias a través das canles oficiais da Festa do Queixo.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page