top of page

A 51ª Festa do Queixo de Arzúa abre hoxe o prazo de inscrición para expositores exteriores

Está dirixido a profesionais e proxectos vinculados a propostas complementarias


Laura Moure/Arzúa

A Festa do Queixo de Arzúa, que en 2026 celebrará a súa 51ª edición, abre o prazo de inscrición para os expositores exteriores, unha das apostas da organización na pasada edición para seguir ampliando e diversificando a oferta do evento. O período de inscrición estará aberto dende hoxe, día 15 de xaneiro, ao 30 de xaneiro, desde as 9:00 horas do primeiro día ata as 23:59 horas do último, e está dirixido a profesionais e proxectos vinculados a propostas complementarias que queiran formar parte dunha das citas culturais e gastronómicas máis importantes de Galicia.


A zona de expositores exteriores situase nas rúas próximas ao recinto feiral, consolidando un espazo pensado para o paseo, o encontro e o descubrimento de produtos singulares, que se suma á programación central da Festa do Queixo. Esta iniciativa, xa posta en

marcha na pasada edición, reforza o carácter aberto e diverso do evento e contribúe a

dinamizar o conxunto da vila durante os días da celebración.


 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

A 51ª Festa do Queixo de Arzúa celebrarase os días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo, e chega cunha programación especial que combina tradición, gastronomía, música e novas

experiencias para todos os públicos. Entre as novidades máis destacadas desta edición

atópanse a ampliación da oferta gastronómica con áreas específicas de foodtrucks e o

acceso libre aos concertos da carpa, que serán gratuítos e sen capacidade.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

As persoas interesadas en participar como expositoras poden solicitar máis información a

través do correo electrónico info@festadoqueixo.org 

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

A Festa do Queixo de Arzúa continúa así a súa evolución como evento de referencia, mantendo a esencia dunha celebración histórica e abríndose a novas propostas que

enriquecen a experiencia do público e do tecido creativo e gastronómico galego.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page