top of page

A 50ª edición da Festa do Queixo de Arzúa contará cunha colaboración especial de Estrella Galicia

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Arzúa

A 50ª edición da Festa do Queixo contará cunha colaboración especial de Estrella Galicia, que contribuirá a mellorar a experiencia dos asistentes coa creación dunha zona de descanso e gastronomía no recinto de concertos. A cervexeira galega achegará mobiliario para a área de foodtrucks, permitindo que os visitantes poidan gozar da oferta gastronómica nun ambiente cómodo mentres desfrutan dos concertos en directo. Ademais, Estrella Galicia terá unha presenza destacada no recinto, facendo que esta zona sexa un punto de encontro clave dentro do festival. 


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A unión entre Estrella Galicia e a Festa do Queixo é natural, xa que ambas comparten valores esenciais como a aposta pola calidade, a tradición e a cultura galega. Estrella Galicia, coas súas profundas raíces no chan de Galicia, transmite a súa paixón pola nosa terra, o entorno e os aliados autóctonos. O seu compromiso coa economía local e o impacto positivo alinea perfectamente co espírito da Festa do Queixo, que celebra un dos produtos máis emblemáticos de Galicia. 


Dende o Concello de Arzúa, valoran moi positivamente este acordo e esperan que a colaboración con Estrella Galicia siga crecendo nos vindeiros anos, reforzando así o impacto e a proxección da Festa do Queixo como un evento de referencia en Galicia.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O alcalde de Arzúa, Xesús Carril, agradeceu o apoio de Estrella Galicia e destacou a importancia desta colaboración para seguir facendo crecer a festa: “Queremos que a Festa do Queixo siga medrando e mellorando en cada edición, e colaboracións como a de Estrella Galicia permítennos ofrecer máis comodidades aos asistentes e reforzar a identidade do evento. Agardamos que esta alianza siga fortalecéndose nos vindeiros anos para que a Festa do Queixo continúe sendo un referente en Galiza.” 


A Festa do Queixo celebrarase en Arzúa do 14 ao 16 de marzo, cun programa que mestura gastronomía, cultura e música en directo, sempre con acceso libre e gratuíto. 



Kommentarer


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page