top of page

41 ovellas mortas e ao menos seis feridas en Monterroso

Ecos da Comarca/Monterroso

Parte dos animais mortos. (Foto cedida polo propietario)

Un gandeiro de Monterroso perdeu xa 41 das súas ovellas e cre que nos vindeiros días poden ser máis xa que foron atacadas e algunhas delas quedaron feridas. Todo apunta a que foi unha manada de lobos. O suceso ocorreu esta semana no lugar de Tarrío, na parroquia de Novelúa.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Onte eran 32 as ovellas mortas, pero hoxe como confirmou ao este medio o propio afectado, xa son 41 as falecidas. "Seis están feridas coa traquea perforada e penso que aínda irán aparecendo máis", lamenta.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

As ovellas foron aparecendo mortas pola aldea adiante. "Vimos a un quilómetro do lugar a tres lobos comendo unha das que escapou", sinala o dono, que tiña uns 160 animais.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Ademais do disgusto, as perdas son cuantiosas. "Contando que estaban xestantes a maioría e os cordeiros ían ser vendidos en Nadal, as perdas están nuns 20.000 euros", indica o afectado.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page