382 Marías e 683 Manueles viven na Comarca de Arzúa
- Laura Moure
- 12 oct 2023
- 1 Min. de lectura
Manuel é o nome máis común nos catro concellos, mentres que María ocupa o primeiro posto en todos, agás en Touro, no que o máis frecuente é María del Carmen
Laura Moure/Comarca de Arzúa

Todo vai mudando co paso do tempo e onde tamén vemos cambios destacados son nos nomes dos bebés que están nacendo. Cada vez é menos común chamarlle aos nosos fillos María, Manuel, José, Carme, Jesús... e é máis habitual atoparnos nas escolas con nomes como Noa, Valentina, Daniela, Lia, Lucas, Leo, Liam, Xián... Pero se volvemos aos nomes da primeira lista (María, Manuel...) estes son precisamente os nomes máis frecuentes da poboación, gran parte envellecida, da Comarca de Arzúa, tal e como publica o Instituto Galego de Estatística (IGE). De feito, Manuel (683) é o nome máis frecuentes nos catro concellos da comarca de Arzúa (Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro). No caso de Arzúa, Boimorto e O Pino o nome de muller máis común é María, mentres que en Touro, María é o segundo máis común (76), ocupando o primeiro posto María del Carmen (99). Así hai 382 mulleres chamadas Marías na comarca arzuá.
Publicidade
Se falamos por concellos estas son as estadísticas:
ARZÚA

Pódese ver o resto da lista no seguinte enlace: https://www.ige.gal/igebdt/esq.jsp?idioma=gl&c=0201006&ruta=onomast%2Fnomconc.jsp&codigo=15006
BOIMORTO

Pódese ver o resto da lista no seguinte enlace: https://www.ige.gal/igebdt/esq.jsp?idioma=gl&c=0201006&ruta=onomast%2Fnomconc.jsp&codigo=15010
Publicidade
O PINO

Pódese ver o resto da lista no seguinte enlace: https://www.ige.gal/igebdt/esq.jsp?idioma=gl&c=0201006&ruta=onomast%2Fnomconc.jsp&codigo=15066
TOURO

Pódese ver o resto da lista no seguinte enlace: https://www.ige.gal/igebdt/esq.jsp?idioma=gl&c=0201006&ruta=onomast%2Fnomconc.jsp&codigo=15085
Comments