28 equipos de 15 clubes competiron no torneo de F-8 organizado pola S.D. Touro, en colaboración co Concello
- ecosdacomarca
- hace 2 días
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Touro
Os días 31 de maio e 1 de xuño desputouse unha nova edición do torneo de F-8 organizado pola S.D. Touro, en colaboración co Concello de Touro. Polo municipal de Loxo pasaron 28 equipos de 15 clubes da contorna, nas categorías Prebenxamín, Benxamín e Alevín, enchendo a instalación de compañeirismo e bo fútbol.
Os encargados de abrir esta edición foron os cativ@s da categoría benxamín, que ó longo da mañá do sábado deleitaron ós asistentes con encontros moi desputados. Nesta categoría resultou gañador o Cire Melide, tras superar no partido final á S.D. Cacheiras; sendo terceiro o ED Vedra- Boqueixón e cuarto At. Fátima; na fase copa a orde foi a seguinte, EDA Arzúa, SRC Calo, SD Touro e EEFB.

Na tarde do sábado foi a quenda da categoría alevín, a máis numerosa en canto a equipos, resultando vencedor o equipo local da SD Touro, por diante do Victoria FC,
Praiña SPC e Cire Melide. Na fase copa a clasificación foi ED Xuventude Oroso, ED Vedra- Boqueixón, SD Touro B e SD Cacheiras.
Os encargados de pechar esta edición foron os prebenxamíns na matinal do domingo, uns cativos que resultaron ser moi grandes, e amosaron unha gran cantidade de recursos técnicos para tentar facerse co título.
Publicidade
O cadro final pechouse co SD Touro como primeiro, seguido da SD Cacheiras, Amio SD e CD Sar na fase polo título e co Cire Melide, EEFB, ED Vedra- Boqueixón e SD Cruces na fase copa.
Dende a organización destacan a gran deportividade entre as afeccións dos diferentes equipos ó longo do torneo. Para o ano máis e mellor.
Comments