13 persoas feridas nunha colisión entre un autobús e un turismo
- ecosdacomarca
- hace 2 días
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Trece persoas resultaron feridas tras a colisión entre un autobús e un turismo. Ocorreu na Coruña, concretamente no Polígono de Pocomaco, pasadas as oito da tarde de onte. Segundo a información facilitada polos axentes da Policía Local, todos os feridos presentaban lesións leves. Mesmo algúns acudiron aos centros sanitarios pola súa conta.

O 112 Galicia rexistrou o sinistro despois de recibir a chamada de alerta dunha persoa particular. No seu relato explicou que bateran un turismo e un autobús con bastantes pasaxeiros, polo que, ademais dos feridos do coche, intuía que debía haber algunha persoa lastimada no interior do bus.
Publicidade
En concreto, dez persoas, nove da pasaxe e a condutora do autocar, que acudiu polos seus propios medios a un centro médico. O resto dos feridos do bus foron evacuados aínda que todos con feridas de carácter leve. Igual que os tres ocupantes do turismo, que tamén foron trasladados, pero con lesións de escasa consideración.
En total, trece persoas implicadas nesta colisión, que implicou a mobilización dos recursos de emerxencias, isto é, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Policía Local.
Comments