Os traballos, que contan cun prazo de execución de 6 meses, inclúen fresados e reposicións con mestura bituminosa en quente, e a renovación da sinalización horizontal
Ecos da Comarca/A Ulloa

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade recibiu un total de 10 ofertas de empresas para executar as obras de mellora do firme en 3 estradas autonómicas da provincia de Lugo, que suporán un investimento de 2,1 millóns de euros.
As actuacións que se van levar a cabo consisten na rehabilitación do firme en varios treitos das estradas LU-115, que conecta Outeiro de Rei con Castro de Rei; a LU-231, entre Friol e Palas de Rei; e a LU-232 entre Friol e Lugo. Os traballos contan cun prazo de execución de seis meses.
Realizaranse fresados localizados nos treitos de actuación e reposicións con mestura bituminosa en quente, ademais da renovación da sinalización horizontal.
Comentarios