ecosdacomarca

24 de oct de 20211 min.

Un lume calcina por completo unha casa na parroquia de Santiso, en Antas de Ulla

Foi a propia dona da vivenda a que alertou ao 112 Galicia

Ecos da Comarca/Antas de Ulla

Vivenda calcinada hoxe en Antas de Ulla. Fonte: Bombeiros de Chantada

Un incendio calcinou hoxe por completo unha vivenda na parroquia de Santiso, en Antas de Ulla, tal e como informa o 112 Galicia. Este foi alertado ás 13:10 horas pola propia dona da casa que indicaba que no interior non había ninguén.

Nas labores de extinción participaron os bombeiros de Chantada, o GES de Monterroso,
 
axentes da Garda Civil e medios forestais cunha motobomba para colaborar e abastecer de auga aos servizos de emerxencia desprazados. Por desgraza, a vivenda ardeu por completo ao ser de madeira, pero non houbo que lamentar danos persoais e a súa dona atópase en perfecto estado, tal e como sinala o Concello.

O alcalde de Antas de Ulla, Javier Varela, achegouse ata o lugar, onde lle brindou a total colaboración do Concello á propietaria do inmoble. "Dende o Concello agradecemos os traballos realizados polos efectivos no lugar do incendio".

Incendio de hoxe en Antas de Ulla. Fonte: Bombeiros de Chantada

Cabe mencionar que non foi o único incendio rexistrado hoxe nas comarcas, xa que despois do mediodía ardía unha campana extractora nunha casa en Vila de Cruces. Poden obter máis información desta nova no seguinte enlace:

https://www.ecosdacomarca.com/post/arde-a-campana-extractora-dunha-vivenda-no-casco-urbano-de-vila-de-cruces

    12