Laura Moure

14 de dic de 20211 min.

Nace a cría de Lola, a vaca que caera en novembro ao río Deza e cuxo rescate durou días

A súa becerriña chámase Milagritos, en referencia a difícil situación que sufríu súa nai durante esas xornadas e que ao fin tivo un final feliz para ambas

Laura Moure/Vila de Cruces

A vaca máis famosa de Galicia, a vaca Lola, xa ten con ela a súa cría. Esta vaca, da parroquia cruceña de Bascuas, tivo unha gran cobertura mediática porque en novembro, ela xunto a outras dúas compañeiras, caeron ao río Deza ao ser asustadas por un animal. As outras vacas pronto conseguiron ser rescatadas, pero a Lola costoulle máis días, principalmente, porque estaba preñada e quedouse sen forzas. Os seus donos e veciños turnáronse para durmir con ela e recibiu todos os coidados e mimos para saír adiante.

Foi na madrugada do domingo cando naceu a súa cría adiantándose unha semana, tal e como indica unha veciña. Os seus donos decidiron chamarlle Milagritos, precisamente, porque foi un milagro e unha sorte que a cría chegase a nacer e ademais, en bo estado despois de que a súa nai sufrise durante días ao non poder volver á casa.

A vaca Lola con Milagritos.

NOTICIAS RELACIONADAS:

    9