Laura Moure

22 de feb de 20231 min.

As Tanxugueiras actuarán o día 5 no Festival do Queixo de Arzúa

A entrada é gratuita ata completar o aforo

Ecos da Comarca/Arzúa

A Festa do Queixo de Arzúa acaba de confirmar unha nova actuación para o Festival do Queixo: "É un dos concertos máis agardados!Vaia broche para o domingo 5! Actuarán as Tanxugueiras!".

Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro son tres cantareiras dunha nova época
 
capaces de reinterpretar os sons da tradición milenaria fusionándoa con ritmos urbanos, máis próximos ao trap ou á electrónica. A súa enerxía, o seu empoderamento, a súa contundencia e o seu virtuosismo vocal son os máximos expoñentes do seu innovador estilo, coñecido como "trad".

A entrada é gratis ata completa o aforo. "Os horarios de todos os concertos xunto coa programación completa polo miúdo anunciarémolos este venres 24", sinala a organización.

Resto de actuacións

O resto de actuacións do sábado e domingo da Festa do Queixo de Arzúa (4 e 5 de marzo) no enlace:

https://www.ecosdacomarca.com/post/muchachito-bombo-infierno-we-are-not-d-s-rondalla-moraima-e-leil%C3%ADa-actuar%C3%A1n-no-festival-do-queixo

NOTICIAS RELACIONADAS

    4