Laura Moure

21 de sep de 20211 min.

Aparece desorientado en Santiago Óscar Gil, o veciño desaparecido en Lalín

Está ileso, pero non se acorda de nada

Laura Moure/Lalín

Fontes oficiais acaban de informar a este xornal que apareceu esta madrugada en Santiago de Compostela Óscar Gil Otero, o veciño de Lalín que levaba horas en paradoiro descoñecido.

Súa irmá tamén se puxo en contacto hai uns minutos (8:00 horas) con nós para indicarnos que apareceu desorientado e non se acorda de nada, pero que está ileso.

Agradece a todas as persoas que mostraron o seu apoio á familia e que compartiron a súa noticia para dar con el.


 

 
NOTICIA RELACIONADA:

https://www.ecosdacomarca.com/post/buscan-a-óscar-gil-otero-un-veciño-de-lalín-que-leva-en-paradoiro-descoñecido-dende-esta-madrugada
 

 

 

 

 

    13