top of page

A Xunta cinguirá o límite horario de reunións de non conviventes na rúa aos xoves, venres e sábados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade comunicou ao subcomité que procederá a elaborar un protocolo para a festividade do Entroido


Laura Moure/Xeral

A Xunta de Galicia cinguirá a limitación horaria de reunións de non conviventes na rúa entre as 3:00 e as 6:00 horas en espazos públicos públicos e privados, aos xoves, venres e sábados, despois da reunión do subcomité clínico celebrada no día de hoxe. Así mesmo, o subcomité acorda prolongar o resto de medidas polo menos dúas semanas máis, ata dar por finalizada a sexta onda que está a provocar unha explosión de casos en toda España.


No que respecta ao proceso de vacinación, o subcomité mostrouse preocupado pola incerteza acerca de reducir de 6 a 3 meses o período de tempo que debe pasar desde a administración da segunda dose para poder administrar a de reforzo.


Por outra banda, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade comunicou ao subcomité que procederá a elaborar un protocolo para a festividade do Entroido, unhas datas nas que adoitan producirse aglomeracións.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page