ecosdacomarca

2 de oct de 20211 min.

A ruta ciclista dende Palas ao castelo de Pambre aprázase ao día 10 debido a que mañá dá mal tempo

Ecos da Comarca/Palas de Rei

A ANPA Ulloa comunica que a ruta ciclista prevista para mañá, domingo 3, será finalmente o día 10 de outubro, debido a que dá choiva.

Autor: Ecos da Comarca.

Esta ruta será dende a localidade palense ata o Castelo de Pambre (neste municipio), ida e volta. E a saída será tamén ás 11:00 horas dende a Praza do Concello.

Pode inscribirse calquera persoa, sexa ou non socio da ANPA. Deben anotarse, ou poden obter máis información, nos seguintes teléfonos: 625 415 647 ou 615 513 502. A organización recomenda aos participantes levar unha botella de auga e algo para comer.

NOTICIA RELACIONADA:

    7