É obrigatorio anotarse previamente
Laura Moure/Monterroso
O Concello de Monterroso anuncia unha actividade con motos, Xogade coas motos, que terá lugar no pavillón municipal A Cúpula o 16 de marzo. Será de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Xogade coas motos é un proxecto conxunto entre a Secretaría Xeral para o Deporte, VF Timing e a Federación Galega de Motociclismo. Son xornadas gratuítas de iniciación dirixidas a rapaces de 6 a 15 anos.
É obrigatoria a inscrición previa e os anotados recibirán un correo confirmando a praza. Ata ese momento, a inscrición será provisional. Alí proporcionarán todo o necesario: Luvas, botas, roupa térmica ou sotomono.
Publicidade
A apertura de inscricións será o1 marzo ás 11:00 horas ata o 8 marzo 11:00 horas. Inscrición preferente para os empadroados en Monterroso. O resto participantes (se sobran prazas) poderán anotarse do 8 marzo ás 11:00 horas ao 14 marzo ás 11:00 horas.
Publicidade
Haberá sorteos de agasallos, photocall, e moitas ganas. "Haberá un agasallo estrela. O Concello de Monterroso, VF Timing e Circuíto Outeiro de Rei chegaron ao mellor dos acordos. Entre todos os participantes, os monitores escollerán a un deles para compartir unha xornada de moto con pilotos experimentados no circuíto de karting de Outeiro de Rei. Grazas a esta iniciativa, o elixido dispoñerá de todo o equipamento necesario (moto, mono, casco e seguro) para compartir un día de adestramento con pilotos que o formen. Non se nos ocorre mellor incentivo!", resalta o Concello.
Publicidade
Os interesados poden obter máis información no seguinte enlace: https://www.xogadecoasmotos.com/que-es-xogade-coas-motos
Comments